14 mar 2012

RECEITA PARA SER PROFESORA

INGREDIENTES
<><>
tapasandtwets.wordpress.com
  • Un chisco de capacidade de análise.
  • Un moito de ilusión.
  • Unha boa miga de serenidade.
  • Un algo de confianza en si mesma.
  • Moitos desexos de aprender.
PREPARACIÓN

Elabórese un adobo con 24 horas de antelación. Para iso, cóllase en primeiro lugar a súa capacidade de análise e obsérvese o conxunto do alumnado; en función das  características detectadas, priorice os obxectivos, contidos, métodos, así como a secuenciación de actividades. Déisexe repousar todo ata o día seguinte que comezará a clase.

Cun moito de ilusión, póñase en práctica o previsto. En caso de que un acontecemento inesperado (en forma de accidente fortuíto, visita, chamada, papel por cubrir...), interrompa o normal desenvolvemento, aplíquese unha boa miga de serenidade, e continúese. 

Chegado o final da xornada, a confianza en si mesma indicará o que se ten que revisar, cambiar ou deixar. Ante esta problemática, que punto se debería trastocar?

Pois aquel que faga renacer entre o alumnado e a docente, o desexo de aprender.


Para ver as variantes, pódense consultar os seguintes enlaces:



3 mar 2012



En coñecemento do medio estudamos os elementos que configuran a paisaxe.

Decatáchaste da beleza da nosa terra?

Observa o seguinte vídeo, e comproba o que debemos seguir conservando.

USO DESTE BLOGUE

Este blogue vai destinado  ao alumnado de terceiro de educación primaria do CEIP López Ferreiro. Será unha ventá das súas producións, e proporcionará elementos para as diversas actividades que se irán artellando...


Comezamos!




Protagonistas principais


NAVEGANDO POLAS MATERIAS